martes, 4 de marzo de 2008

Propostas criminais para marzo: Leo Caldas e Kurt Wallander en acción

Domingo Villar, Ollos de auga. Henning Mankell, Asesinos sin rostro.


O autor de Ollos de auga, Domingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e de televisión. É crítico gastronómico nunha emisora de radio e colaborador habitual en diversos medios de comunicación escritos. Ollos de auga, que transcorre na cidade de Vigo, onde o autor pasou a súa infancia e mocidade, é a súa primeira novela. El mesmo se encargou da versión en castelán, publicada por Ediciones Siruela, e proximamente sairá en italiano a cargo de Feltrinelli Editore.

“Ollos de auga” sitúa o seu autor na liña de escritores que, coma Andrea Camilleri e Henning Mankell, renovan o xénero negro desde Europa cunha obra na que o interese da narración se ve acrecentado por unha visión crítica da sociedade. Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa ledicia da música e o viño branco. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores.

OLLOS DE AUGA: Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.


ALGUNHAS OPINIÓNS DE LECTORES:

Paréceme un libro moi interesante e sobre todo moi entretido, ao ser un libro de misterio. Esta novela policíaca amosa o que é a vida e o traballo dun axente de policía que ten un gran prestixio pola súa colaboración nun programa de radio. Terá que resolver unha serie de acontecementos entre os que está a morte dun músico. O protagonista amosa o seu xeito de pensar con respecto ao persoal e ao laboral e á súa maneira de actuar. Dáse conta de que moitas veces guiarse polo seu instinto lle resulta acertado, pero tamén se decata de que ás veces non é así. Choca coa forma de ser do seu axudante, que é espontáneo e incapaz de parar os seus impulsos. Recomendo esta novela porque é apaixónate. Ademais, cando parece estar descuberto o misterio, o protagonista condúcenos ao verdadeiro final.

Lin a novela dun tirón onte a tarde e, neste sentido teño que felicitar ao autor por non darnos máis trababallo do que temos que facer para gañarnos a vida. Por fín un libro entretido e divertido, fácil de ler e ameno.

Este libro recórdame aos de Holmes, Leo Caldas é Holmes, e Rafael é Watson. Leo Caldas é un inspector de policía que compaxina ese traballo coa radio.

O libro encantoume xa que ten un punto cómico pero de intriga, como cando resolve o caso do asasinato dun saxofonista.

Recoméndoo a todos os que lle gusten os libros de misterio e policíacos. _____________________________________________


O autor de Asesinos sin rostro, Henning Mankel, naceu en Estocolmo, Suecia, en 1948, e na actualidade divide o seu tempo entre Suecia e Mozambique, onde dirixe o teatro nacional Avenida de Maputo. É autor de numerosas obras de ficción e un dos dramaturgos máis populares do seu país. Non obstante, o que o converteu nun escritor de fama mundial é a serie de novelas policiacas protagonizadas polo inspector Kurt Wallander, traducidas a tinta e siete idiomas, aclamadas polo público e adaptadas ao cine e a televisión. Tusquets Editores publicou a serie completa, composta por nove títulos, á que lle seguiron, con gran éxito de público, O retorno do profesor de baile e Antes de que xee. Ademais, Tusquets Editores publicou O cerebro de Kennedy e Profundidades, as súas novelas máis recentes. En 2007, Mankell recibió el II Premio Pepe Carvalho.



ASESINOS SIN ROSTRO: Kurt Wallander atravesa un dos momentos máis sombríos da súa vida persoal (as súas relacións familiares son un desastre, está gañando peso, bebe moito e dorme pouco) cando debe poñerse aol fronte da investigación ol asasinato dun apracible matrimonio de anciáns nunha granxa de Lenarp. O marido foi horriblemente torturado e a muller morre estrangulada pouco a pouco, co tempo xusto de pronunciar antes de morrer a palabra «estranxeiro». Kurt Wallander e os seus colegas deberán enfrontarse non só a un asasino moi especial, que ten o sangue frío de alimentar aos cabalos da corte despois do crime, senón a unha comunidade irascíbel, presa de insospeitados prexuízos raciais. Wallander sabe de sobra que a pacífica aparencia dalgunhas persoas oculta as veces un auténtico monstro, de modo que non se fai ilusións acerca da sociedade na que vive...

ALGUNHAS OPINIÓNS DE LECTORES:

Excelente novela negra en la que, además de una trama bien construida y de desenlace sorpréndete, nos encontramos con situaciones reales, personajes cercanos y un protagonista absolutamente entrañable. Un inmejorable comienzo para una serie que promete

… Mankell toma como excusa unos asesinatos para ir descubriendo la cara oculta de la sociedad sueca. Leyendo sus novelas nos damos cuenta de que los suecos no son tan perfectos, que es una sociedad con los mismos temores que el resto del mundo y que también en ellos se puede dar la xenofobia. La sociedad sueca siempre ha sido el ejemplo de la sociedad perfecta, de la sociedad del bienestar. En "Asesinos sin rostro" esta sociedad se tambalea, ya no es la sociedad perfecta. Ésto es lo que más me gusta de las novelas de Mankell, no son simples novelas policíacas para pasar el rato, si no que en cada una de ellas extraes cosas nuevas y conoces un poco más a la sociedad sueca que, también, refleja al resto de la sociedad occidental. Es una perfecta crítica a la ola xenófoba que invade Europa.

Mankell es un escritor con un gran talento. Sus novelas tienen mucho ritmo y son de las que te atrapan desde el principio. Tanto ésta como las otras que tengo del detective Wallnder así como otra donde pone el dedo en la llaga de los niños soldados, "Comedia Infantil", son de las más prestadas en la Biblioteca. Pese a centrar la acción en Suecia, una Suecia gélida e invernal, su lenguaje no es frío, si no cálido. A mí que no me gustan las novelas policíacas, devoro las de Mankell porque no son la típica novela de asesinos, policías y detectives, son algo mucho más profundo.