sábado, 9 de febrero de 2008

Propostas de febreiro

Aquí están as novas propostas de lectura do club LICHES ESTE? para este mes de febreiro. Estades convidados a aportar as vosas opinións premendo na palabra comentarios que aparece ao final desta entrada.

Sandor Marai, El último encuentro, ed. Salamandra, 1999.

SINOPSE:

Un Xeneral ancián vive apartado no seu castelo. Un día recibe comunicación de que Konrad, un vello amigo, regresou á patria, de modo que envía unha comunicación para invitalo a cear. É o punto de partida a unha serie de recordos de toda unha vida: os pais do xeneral, a súa infancia, a súa amizade en apariencia inquebrantable con Konräd... Pero a medida que se acerca a hora do esperado encontro, descúbrese que a planificada cea é, sobre todo, o fin dunha espera, o colofón a unha venganza. Cando os dous anciáns se sitúan fronte a fronte, o xeneral expón un cúmulo de sentimentos e reflexións, rumiadas ao longo de corenta e un anos, dende que o que fora o su amigo fuxira polo que se vai dibuxando como unha dolorosa traizón.

O AUTOR: SÁNDOR MÁRAI

Naceu no ano 1900 en Kassa, unha pequena cidade húngara que hoxe pertence a Eslovaquia. Pasou un período de exilio voluntario en Alemaña e Francia durante o réxime de Horthy nos anos 20, ata que, en 1948, coa chegada do réxime comunista, abandonou definitivamente o seu país e emigrou a Estados Unidos. A subseguinte prohibición da súa obra en Hungría fixo caer no olvido a quen nese momento estaba considerado como un dos escritores máis importantes da literatura centroeuropea. Así, habería que esperar varios decenios, ata o ocaso do comunismo, para que este extraordinario escritor fose redescuberto no seu país e no mundo enteiro. Sándor Márai quitouse a vida en 1989 en San Diego, California, poucos meses antes da caída do muro de Berlín. Existen edicións en castelán das súas obras Música en Florencia, El último encuentro, La herencia de Eszter, Divorcio en Buda y La amante de Bolzano.

ALGUNHAS OPINIÓNS DE LECTORES:

...salir de la librería cuando el dependiente me hizo prestar atención a una novela de un autor completamente desconocido para mí, Sandor Marai. Leí la contraportada para hacerme idea de qué me ofrecía y me decidí a comprarlo. Quizá haya sido una de las mejores compras de mi vida. Me lo leí en un solo día sin poder apartarme de la novela. Hacía mucho tiempo que no leía algo tan bueno, con un dominio del lenguaje, un conocimiento de los sentimientos humanos …

...de los sentimientos. Perfección en el desarrollo de la trama. Perfección en el uso de una prosa que consigue aunar concisión y belleza poética. El punto de partida es sencillo. Un triángulo amoroso situado en el Imperio austro-húngaro. No hay necesidad de hacer malabarismos argumentales; la belleza no lo requiere. Amor, desengaño, venganza, desesperación, dolor, amistad, muerte... Y mucho más. Si aún estais dudando sobre la conveniencia de leer...

Me regalaron el libro ayer y literalmente no lo pude soltar. Es una narración poderosa, en donde el espíritu humano se muestra tal como es, débil y fuerte, seguro y vulnerable, esperanzado y conforme, recio y tierno. Este autor realmente es uno de los mejores del siglo XX, y admirablemente ha sido redescubierto para fortuna de los lectores. La amistad tiene sus matices, pero cuando es intensa es uno de los motores de la vida o de la sobrevivencia, ...

__________________________________________________________________
Teresa Moure, A xeira das árbores, ed. Sotelo Blanco, 2004.

SINOPSE:

Ao longo dun día, Clara, unha muller con tres fillos, tradutora de profesión, debulla a súa andaina vital, as súas ocupacións e os seus desexos. Mentres vai e vén, na ateigada xeira dunha muller do noso tempo, a protagonista reflexiona, nun prolongado monólogo interior, sobre a súa vida e mostra a súa intención de resistirse fronte aos que queren convertela nun tópico. Os puntos de vista dos que se van cruzando con ela ao longo da xornada completan unha visión coral e contribúen a dar valor simbólico a Clara, que é unha muller árbore, desas que crecen enraizadas no chan, ofrecendo as súas pólas aos ventos que sopran: o vento da violencia de xénero, o vento da inestabilidade laboral e das relacións de poder cos superiores ou, sobre todo, o vento da incomunicación entre os seres humanos. Mais tamén, ao acubillo de Clara, coma ao pé de todas as árbores, medran a tenrura, a sensualidade, o amor e os soños.

A AUTORA: TERESA MOURE

Teresa Moure é doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. É autora das seguintes novelas: A xeira das árbores, Premio Lueiro Rey 2004; Herba moura, Premio Xerais de Novela 2005, Premio Irmandade do Libro á Autora do ano, 2005, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005, Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005 e Premio da Crítica Española 2005; Benquerida catástrofe e A Casa dos Lucarios. Publicou, ademais, os ensaios Outro idioma é posible, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 e A palabra das fillas de Eva. Obtivo o premio Rafael Dieste 2007 pola súa peza dramática Unha primavera para Aldara. A súa novela Herba moura foi xa traducida a cinco linguas europeas.

ALGUNHAS OPINIÓNS DE LECTORES:

La vida descrita casi al minuto durante veinticuatro horas, no tan sólo sus actividades sino sus pensamientos y organización para llegar a todos los sitios que considera deben formar parte del día a día de la vida de esta atípica familia, y no tanto porque sea una madre con tres hijos, sino por como fue forjada esta prole y sus consecuencias. Además de Clara y los niños, tenemos como espectadores a su jefe, una amiga, su hermana y el monitor de natación que dan otro punto de vista sobre la protagonista y hacen que nos enteremos de algunos detalles más sobre su vida. Es un libro lleno de nostalgia, de lucha, de amor, ternura, abatimiento, de risas, de llantos, de esperas, de llamadas no recibidas, de llamadas recibidas y no queridas, de prisas, de juegos y todo en veinticuatro horas.

Muy, muy recomendable... esta mujer me ha subyugado...

http://dsdmona.blogia.com/2007/091901-la-jornada-de-las-mujeres-arbol.php

¿Por dónde empiezo? Ah, si… veamos:
Llego a casa, y lo primero que hago es curiosamente, seguir leyendo el libro de gallego para estre trimestre, A xeira das árbores. En otros casos lo primero que hubiera hecho sería encender el ordenador, perder el tiempo, seguir desarrollado proyectos sin futuro y así hasta llegar a las nueve de la tarde.

http://www.knithx.net/2006/02/23/confirmado-alla-voy-xgn/


Rematei onte A xeira das árbores de Teresa Moure e non nego que me entretivo, está ben escrito e hai multiplicidade de perspectivas, pero... Non sei por que, ante un discurso tan abertamente feminista sinto unha especie de rexeitamento, quizais porque aprecio máis a sutileza, a suxestión, que que me dean todo tan machucado.
Con A palabra das fillas de Eva, un ensaio da mesma autora, pasoume algo similar, se cadra por ter lido moito sobre o tema e quedar saturada xa hai tempo dese tipo de teorías e análises.

http://gradicela.blogspot.com/2006_01_01_archive.html